A relación entre a literatura e o cine é tan vella como o propio invento dos Lumiere porque ambos os dous traballan con ideas. Sustentar este vÃnculo entre eles é beneficioso por unha banda porque avala o éxito da producción e, pola outra, porque axuda a aumentar a venda de libros. “Trece Badaladas”ou “O lapis do carpinteiro” son algúns exemplos desta relación que medra dÃa a dÃa en Galicia. E, para o futuro, hai seis novelas que segundo un informe da AGAPI e da AGE poden ser pelÃculas de éxito.
“Dos 12 proxectos de longametraxes e dos 20 de telefilmes, 25 están baseados en novelas. O motivo é que as boas historias están na literatura”, deste xeito Pancho Casal, director de Continental explicaba nunha entrevista a Culturagalega.org os plans futuros da súa productora. Un exemplo claro de por onde van os tiros no audiovisual galego.
Neste momento aÃnda está en carteleira “13 badaladas” o filme de Xavier Villaverde baseado na novela homónima de Suso de Toro que tivo oito edicións en papel logo da expectación espertada pola pelÃcula. E é precisamente Suso de Toro o escritor que máis guións está proporcionando ao audiovisual a dÃa de hoxe. Baseados nas novelas de de Toro haberá en breve ata cinco pelÃculas (catro a través de Continental e unha desenvolvida por Filmax). E non só iso, o vindeiro 25 de abril estrearase outra producción galega moi agardada logo do éxito do seu libro, “O lapis do carpinteiro” de Manolo Rivas. Un traballo que leva a cabo Portozás Visión que é ademais a primeira longametraxe dirixida por Antón Reixa e que ten como participantes a LuÃs Tosar, Manuel Manquiña ou MarÃa Pujalte. Entre os proxectos que se farán a medio e longo prazo no audiovisual figuran tamén a adaptación de obras de AgustÃn Fernández Paz e de Manolo Rivas.
Un convenio para afianzar a relación
Pero a boa relación que viven o cine e a literatura en Galicia é algo moi recente e para que sexa algo sólido e duradeiro tres piares do sector unÃronse e presentaron un convenio co que fortalecer eses vencellos: son a AGAPI, a AGE e a ConsellerÃa de Cultura.
Pero a orixe do proxecto comezou anos atrás. No ano 2000 a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega decidiu sentar na mesma mesa aos creadores de ideas do paÃs: por unha banda aos escritores e pola outra aos encargados de facer cinema. De aà deu paso á que a ConsellerÃa de Cultura tomase o relevo no papel mediador entre o sector deixando constancia por escrito deste interese redactando un convenio que implicase ás dúas partes. A letra pequena establecÃa que cada unha das editoriais que forman parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega debÃa propor dous tÃtulos publicados baixo o seu selo para a súa posible adaptación ao audiovisual. O resultado final era crear unha listaxe de obras susceptibles de formaren parte dos tÃtulos que poidan encher as carteleiras e que teñan como única premisa directriz que se tratase de novelas que formasen parte da literatura galega máis recente. A outra parte do convenio implicaba á AGAPI que, coñecedora dos problemas e das vantaxes que tiña unha producción audiovisual, analizase as debilidades e fortalezas de cada libro.
Ademais, todo este interese é posible debido a determinadas variables. Por unha banda o grao de madurez acadado polo sector do audiovisual, que xa conta con experiencias previas de adaptación cinematográfica, e pola outra, como industria, que xa se iniciou no desafÃo da gran producción.
Os resultados
O resultado deste traballo foi unha listaxe de dezaseis obras en que figuran autores de diferente traxectoria literaria, datos de vendas e de xeracións ben distintas. A nómina de autores inclúe libro como “Memoria erótica” de Carlos Velo, “Amigos sempre” de Alfonso Eire, “Covardes” de MarÃa Xosé Porteiro ao lado de autores xa case consagrados como Manuel Rivas, aquà con “Bala perdida”.
O caso é que dos dezaseis tÃtulos ofrecidos pola Asociación de Editores, a AGAPI fixo unha valoración das obras reducindo a seis aquelas que “aproban” os criterios que as fan ser susceptibles de éxito. E isto sempre tomando como referencia as claves que o sector da industria ten aplicado e depurado ao longo do tempo.
Os tÃtulos aprobados
Desas seis obras que teñen o visto e prace da AGAPI, non todas son iguais, é dicir, non todas teñen a mesma dificultade, polas súas propias estructuras narrativas. AsÃ, “O xabaril branco” de Tucho Calvo e “Morning Star” de Xosé Miranda poderÃan ser levadas ao cine sen grandes dificultades. “O Bandido casanova” de Hixinio Puentes Novo, “Reminiscencias de Bob Dylan” de Xosé Antonio Moreno e “Un home que xaceu aquÔ de AnÃbal C. Malvar están nun segundo nivel de dificultade de adaptación cinematográfica, precisando mesmo unha fonda reescrita. En terceiro lugar, cun futuro prometedor, pero que require participación do autor para que se poidan desenvolver as súas posibilidades está “Bala perdida” de Manuel Rivas.
En todo caso, o convenio e a análise deixa sobre a mesa e o mantel seis propostas viables para se converteren en futuros éxitos sempre e cando o productor decida levalas á gran pantalla.