Nace Caleidoscópica, unha revista dixital de fotografía

A publicación conta con preto de 200 páxinas de imaxes e textos sobre esta arte

O pasado 28 de novembro presentábase na galería Photo Art de Ourense, no marco do Outono Fotográfico, Caleidoscópica. Esta publicación dixital, centrada na fotografía, nace con vocación de ser anual. Ana Parada, Charo López, Miguel Auria, Pilar Abades, Sabela Iglesias, Silvia Mella e Xiana Quintas, todos eles vencellados co mundo do xornalismo e da imaxe, son os responsables da proposta. A primeira entrega conta con traballos dos promotores ademais de colaboracións de Vítor Vaqueiro, que asina un texto sobre fotografía e paisaxe, e Inés Salvado. Para alén de reportaxes fotográficas, no número pódese ler tamén unha entrevista a Delfín Blanco e curiosidades como as follas de contactos coas fotos descartadas de diferentres traballos que se presentan. En total, a publicación achega 200 páxinas de imaxes e reflexións.