O punto Gal cumpre un ano

Hai tres mil dominios rexistrados

Cúmprese un ano de dominios .gal e xa temos un primeiro balance proporcionado pola asociación sobre o número de rexistros. Algo máis de dous mil oitocentos rexistros. Nunha entrevista á revista Código Cero, a directora xeral de Punto Gal, Edita de Lorenzo, manifestou sentirse "satisfeita" por este ano e sinalou como unha das prioridades futuras o darlle valor ao punto GAL para conseguir máis rexistros.