Portada da revista Guieiros dedicada a Chao Rego
Logo dunha longa enfermidade, o teólogo e pensador Xosé Chao Rego falecÃa na mañá deste sábado 28 de novembro en Compostela. O autor foi promotor de movementos de renovación progresista e galeguista no seo da igrexa e estaba considerado como un referente a nivel estatal polos seus estudos teolóxicos. Obras como
Eu renazo galego,
Prisciliano,
Itinerario da conciencia galega ou a
Biblia Popular Galega, asà como o seu traballos desde as revistas
Irimia e
Encrucillada valéronlle múltiples recoñecementos desde o mundo da cultura e do cristianismo do paÃs.
Documental da homenaxe a Xosé Chao Rego organizada pola Asociación Cultural O Galo en 2004, realizado por Marcos Maceira, Cesar Carmés, Carme Vidal e Xoán Carlos Garrido.