Gaita e percusión tradicional con sonoridade indie-pop son os ingredientes de Ego, o disco de debut de Cristian Silva. O multiinstrumentista e docente dos conservatorios de Ferrol e VilagarcÃa presenta dez temas no seu primeiro traballo, editado por Inquedanzas Sonoras e producido polo propio músico. O volume achega temas maioritariamenete compostos por Silva, que tamén toca todos os instrumentos e conta con colaboracións como as de Davide Salvado, Pedro Pascual ou o grupo Pandeiromus. O álbum presentarse cun concerto o 5 de decembro na vindeira edición de Culturgal e chegará ás tendas a finais do mes.