Playlist para unha retirada é o tÃtulo do poemario co que Elvira Riveiro acaba de gañar o IV Certame de PoesÃa Leiras Pulpeiro. O galardón, convocado polo concello de Mondoñedo, está dotado con 1.500 euros en metálico. Canda a ela, obtivo o segundo premio nesta edición a obra Sete sonetos e coda de Óscar GarcÃa Ramos, que leva 600 euros. O terceiro posto, dotado con 300 euros, foi para A linguaxe das palabras rotas de Martiño Maseda.