Seoane vóltalle a visita a Granell

A fundación compostelá acolle unha mostra sobre o creador coruñés

A Fundación Eugenio Granell abría onte en Santiago Luis Seoane. Voar por riba dunha torre de marfil. A exposición, que fai parte do proxecto de intercambio da entidade compostelá coa Fundación Seoane, fai "un percorrido expositivo baseado nas declaracións de Luis Seoane, quen afirmaba que o artista traballa na súa torre de marfil, lugar onde se escoitan ruidos, queixidos e cadeas de fantasmas. Nesta escoita, o artista rexeita o illamento que pode embargar ao home que crea e se crea a si mesmo no seu estudo, espazo físico, mental e ata espiritual de creación". O proxecto, comisariado por David Barro e Carmela Montero poderá verse ata o vindeiro 17 de xaneiro. O pasado mes de xuño era a Fundación Seoane a que acollía a mostra O regreso dos amantes, unha selección de obras de Granell.