Emilio José volta con Agricultura livre

O 23 de novembro preséntase o triple CD do músico de Quins

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Emilio José volta con Agricultura livre

Anos despois daquel Chorando apréndese que o situou na primeira liña do pop experimental a nivel estatal, Emilio José retorna. Desta volta, presenta nada menos que un triple CD, do cal xa está dispoñible na rede o primeiro volume, e que leva o título de Agricultura livre. Gravado en solitario na súa casa de Quins, Ourense, o novo álbum mantén a ecléctica mestura de estilos e o compromiso ideolóxico do autor, sempre cun envoltorio pop de grande orixinalidade. O álbum será oficialmente publicado o vindeiro 23 de novembro pola discográfica Foehn.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares