O galego Antonio Rivas triunfa en iTunes con Por ahí

O pop do composteláns chega ao número 1 da tenda virtual

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O galego Antonio Rivas triunfa en iTunes con Por ahí

Cun número 1 na tenda virtual de iTunes á semana do seu lanzamento preséntase o primeiro álbum de Antonio Rivas. Por ahí achega dez cancións de pop nas que se deixa sentir o peso das guitarras con letras e músicas compostas integramente polo compostelán. A compañía Bmitic Producciones, con sede en Ames, é a responsable do lanzamento do álbum, integramente gravado, interpretado e producido polo propio Rivas. O músico, afincado en Madrid, comeza o vindeiro 19 de novembro nesta cidade a xira de presentación, e non ten polo momento concerto previsto en Galicia ata o vindeiro 26 de febreiro, cando actuará na Sala Capitol.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Sala Capitol, Ames, Madrid...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares