Está a chegar aos andeis a entrega 207 de Grial que se presenta como "un número homenaxe a quen foi un dos máis ambiciosos e xenerosos estrategos do grupo que conformou a plataforma cultural de resistencia máis significativa durante a ditadura, e sementou a esperanza en varias xeracións". Artigos de Antón Costa, Xosé Manuel Beiras, Xosé LuÃs Franco Grande, Xavier MartÃnez Cobas, Xosé Luis Pastoriza, Marcelino Agis Villaverde, Alba Iglesias Varela ou Francisco DomÃnguez abordan a poliédrica figura deste galeguista. Ademais, nas páxinas do novo Grial pode lerse unha conversa inédita do propio Isla Couto con Damián VillalaÃn e dous textos inéditos da súa autorÃa.