O Festival de Jazz de Lugo cumpre 25 anos

Marcos Pin, Rudresh Mahanthappa ou Natalia Vicenta visitan a Cidade da Muralla

29/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cun concerto homenaxe aos 15 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade, Lugo celebra o seu XXV Festival de Jazz. Entre o 7 e o 30 de novembro o Pub Clavicémbalo, o Círculo das Artes e mais a Casa do Saber acollen máis de trinta concertos como os de Marcos Pin 4 on SIX, Natalia Vicenta, Rudresh Mahanthappa, Ernie Wattas Quartet, Carmen Souza & Theo Pascal ou Nguyên Lê Quintet entre moitos outros. Recitais didácticos, proxeccións de documentais ou unha exposición fotográfica que percorre o cuarto de século deste evento fan tamén parte do programa.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Lugo, Cidade da Muralla, Documentais...