Pendente da súa publiación no Diario Oficial de Galicia, as colección pictóricas de Abanca e de Afundación xa son Ben de Interese Cultural. O Consello da Xunta aprobaba onte esta declaración, que afecta a un total de 3.883 obras, das cales 1.350 pezas fan parte dos fondos de Abanca e outras 2.533 referencias pertenze ao patrimonio de Afundación. Segundo explica a Xunta, esta declaración, similar á que xa recibiron os fondos bibliográficos e documentais destas entidades "garante a máxima protección e unidade para esta colección, e a súa utilización queda subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación". Neste sentido calquera traslado, restauración ou alteración das obras protexidas deberá contar co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio.
O patrimonio agora protexido abrangue, no caso dos fondos de Abanca, obras de 251 artistas galegos como Castelao, Laxeiro, Urbano Lugrís ou Luis Seoane así como creadores internacionais da talla de Picasso, Chagall, Kandinski, Dalí ou Miquel Barceló. Na colección de Afundación, pola súa banda, atópanse mostras de 485 artistas como Jenaro Pérez Villaamil, Bello Piñeiro, Fernando Álvarez de Sotomayor, Sobrino Buhigas, Alfonso Rodríguez Castelao, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Maruxa Mallo, Xulia Minguillón, Isaac Díaz Pardo ou Leopoldo Nóvoa. Quedan fóra desta declaración unha serie de obras que "non se valora que supoñan un exemplo sobranceiro, nin individualmente nin como conxunto", e que fican pendentes dunha nova valoración para estudar a súa inclusión no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.