Ferror Récords preséntase en sociedade cunha escolma das súas bandas

O disco recolle temas de 16 grupos da Cidade Departamental

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Ferror Récords preséntase en sociedade cunha escolma das súas bandas

Unha festa na Sala Super 8 servía o pasado sábado para a presentación de sociedade de Ferror Récords. Este selo discografico, nado da man do músico Serxio Peck e do divulgador Fernando Fernández Rego, presentaba hai uns meses o seu primeiro lanzamento co single e vídeo Bombas de Cristal da banda Carrero Bianco. O proxecto, que quere dar a coñecer as bandas da escena local, daba a coñecer este sábado un CD que recolle cancións de dezaseis grupos de Ferrol. Alarido Mongólico, Cable, Carrero Bianco, Cuerpo Astral, Espejos y Diamantes, Jamie Fifthring, Klute Band, Koroiev, Korokati, Kurwa!, Os Gru, Quant, Rubén Artabe, Síndrome Winona, Skyhooks e Weather Underground fan parte deste primeiro álbum colectivo, ao que, segundo adiantan os responsables da discográfica, seguirá outro en breve.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Fernández Rego, Ferrol

Claves

Protagonistas
Lugares