O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución das axudas para a tradución de obras desde e para o galego. AÃnda que a convocatoria do pasado mes de xaneiro contaba cun orzamento de 200.000 euros, finalmente serán só 114.320 os que se distribuirán entre os 36 tÃtulos que acadaron apoio. Entre as editoras que conseguen financiamento destaca Rinoceronte editora, que ve subsidiada con 38.340 euros a tradución de nove obras para o galego e 15.620 para levar cinco obras galegas ao castelán. Small Station Press continúa a súa andaina con cinco novas traducións para o inglés (e unha para o búlgaro) para as que contará con 28.760 euros mentres Galaxia, pola súa banda, recibirá 12.220 euros para levar catro tÃtulos ao castelán.
Entre as obras que poderemos ver na nosa lingua ao abeiro desta convocatoria, destacan clásicos como os dous volumes da Alicia de Lewis Carroll que sairán da man de El Patito Editorial ou obras de Gerald Durrell como A miña familia e outros animais. De cara ao exterior, sairán versións en castelán de volumes recentes como MaternosofÃa, A lúa da colleita, O mundo secreto de Basilius Hoffmann ou Contos do Mar de Irlanda, mentres a Fundación UxÃo Novoneyra abordará versións inglesas dos poemarios Os Eidos e AntoloxÃa poética.