O xurado do Premio de Narrativa Breve Repsol selecciou a novela Fontán de Marcos Calveiro como obra gañadora desta edición. A obra céntrase na figura de Domingo Fontán, xeógrafo que realizou o primeiro mapa moderno de Galicia, quen segundo salienta o xurado, "consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato da personalidade extraordinaria dun cientÃfico que participou na loita polo progreso. O autor consegue transmitir a quen le a paixón polo coñecemento e pola liberdade que move o seu protagonista, quen compartÃa con outros cientÃficos europeos as ideas máis adiantadas do seu tempo". O galardón está dotado con 12.000 euros en metálico e a publicación da obra gañador por Galaxia.
O xurado estivo formado por Santiago Lopo, gañador da edición anterior, Olivia RodrÃguez González, en representación da Real Academia Galega, Mercedes Queixas, como representante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Dolores Vilavedra, nomeada pola SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, Isabel San Juan, en representación de Repsol como secretaria con voz e sen voto, e Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia.