Camarada Nimoy voltan con Alucinacións acústicas

Presentan o seu novo disco no vigués Charenton o vindeiro sábado 12

9/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha edición en vinilo, ao igual que no seu primeiro lanzamento, é o formato escolleito por Camarada Nimoy para dar a coñecer o seu segundo traballo. Alucinacións acústicas achega doce temas acústicos na liña do grupo, unha mestura de jazz, rock e psicodelia que foxe de definición. Segundo sinala o propio conxunto, Camarada Nimoy "non son unha banda de space age pop, de psicodelia, de jazz, de rock, de de lounge, de exótica… pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros". O local Charenton, en Vigo, acolle o vindeiro sábado 12 o concerto de presentación do novo traballo, que tamén se pode escoitar íntegro en Bandcamp.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Rock, Pop, AGE...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares