Seara Récords e Fostafina publican Mandingo

A BD colectiva recolle o traballo de trinta e seis autores

Jeremías Jr, un mozo que sae tomar unha copa cun amigo que leva tempo sen ver protagoniza Mandingo. A produtora Seara Récords e mais a editora viguesa Fosfatina presentan esta banda deseñada colectiva que se creou a xeito de cadáver exquisito coa participación de trinta e seis autores, cada un dos cales debuxou tres cadriños a seguir o fío argumental. Nomes como Óscar Raña, José Jajaja, Los Bravú, Julia Huete, Begoña García-Alén, Nuria Figueiredo, Bernal Prieto, Berto Fojo ou Andrés Magán participan nesta iniciativa.