O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, presentaba o pasado venres a Tarxeta-Bono Cultura Galega. Esta iniciativa, que pretende promover o consumo de produtos culturais do noso paÃs entre a mocidade, achega a posibilidade de adquirir con importantes descontos libros e entradas a espectáculos na nosa lingua. Un total de 150 establecementos sumáronse xa a esta iniciativa, que permite adquirir produtor por valor de 50 euros cun desembolso de 33. Ademais, ao empregala para adquirir libros, contarase dun desconto do 10% sobre o prezo habitual de venda. A iniciativa, dispoñible para usuarios e usuarias de entre 18 e 30 anos, conta cun orzamento total de 300.000 euros.