O PuntoGal baixa o prezo ata outubro

Pódense conseguir os dominios entre 35 e 40 euros máis IVE

A Asociación Punto Gal anunciou que realiza unha campaña de verán para promocionar a venda de dominios .gal. A promoción permitirá adquirir o dominio .gal a un prezo máis barato -en función da empresa rexistradora que se escolla-, entre 35 e 40 euros máis IVE. A promoción está aberta ata o vinte de outubro.