O Verbum de Vigo mudará a súa función nun mes

Deixará de ser a Casa das Palabras, segundo adianta Atlántico Diario

Imaxe do Verbum em 2012. Fonte: Facebook do Verbum.
Imaxe do Verbum em 2012. Fonte: Facebook do Verbum.
Doce anos despois da súa inauguración, e logo de diferentes reformas, o Verbum vigués deixará de ser logo do vindeiro mes de agosto a Casa das Palabras. Segundo explica Atlántico Diario, o alcalde vigués Abel Caballero sinalou que nese prazo se comezará a aplicar o novo plan director para este espazo, que estivo desde a súa apertura moi lonxe dos obxectivos de público agardados. En 2013 o centro cumpría os dez anos dedicado ao obxectivo orixinal, prazo mínimo marcado pola UE antes de calquera redefinición do mesmo. Deste xeito, o vindeiro proxecto eliminará a idea do Verbum como "Casa das palabras", se ben polo momento non se adiantou a orientación que se lle dará ao museo.