Guilherme e Bastardo abren a colección de música de Axóuxere

Presentan Veredevere o vindeiro día 11 en Cabo de Cruz

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Guilherme e Bastardo abren a colección de música de Axóuxere

A editorial Axóuxere acaba de presentar o primeiro volume da súa colección Euterpe, coa que abre unha liña dedicada á música. Verevedere é o disco debut do dúo Guilherme e Bastardo, que levan varios meses a presentar polo país esta iniciativa e desenvolveron unha campaña de crowdfunding para a facer realidade. A mestura de canto tradicional, world music, postpunk e electrónica do grupo conta con colaboracións como as de Teresa Moure, Najla Shami ou Mig Seoane e inclúe versións musicadas de textos de Raida Rodríguez, Xelís de Toro, Márcio-André, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Arthur Rimbaud. O álbum presenta os seus doce cortes nun formato de libro-CD que conta con ilustracións de Séchu Sende. O Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebra o vindeiro 11 de xullo e Cabo de Cruz servirá de presentación deste traballo, que sae á venda por vinte euros.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teresa Moure, Séchu Sende, Najla Shami, Xelís de Toro...