Nace Setestrelo

Máis cultura científica para culturagalega.gal. Constará de monográficos, reportaxes e libros electrónicos

Máis cultura científica para culturagalega.gal. Constará de monográficos, reportaxes e libros electrónicos
Rolda de prensa de presentación de Ciencia / Setestrelo. Foto: CCG
Aínda que a ciencia sempre tivo un papel importante na nosa plataforma, grazas a unha iniciativa da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, a partir de agora disporemos de máis información, redactada nun ton divulgativo e ameno, sobre a cultura científica en Galicia e as súas tendencias. Na rolda de prensa de presentación participaron Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do CCG, Marilar Aleixandre, catedrática da USC e membro da Sección, a xornalista Iolanda Casal e Manuel Gago, director de culturagalega.gal.

Canda traballos de ton xornalístico, Ciencia/Setestrelo contará tamén coa participación de destacados científicos que nos falarán do seu traballo e das grandes cuestións científicas do momento. O noso primeiro número irase publicando ao longo desta semana e chámase: "Galicia e as partículas elementais: de Schöringen ao CERN". Comezamos cun fascinante reportaxe de Iolanda Casal sobre o primeiro Premio Nobel que visitou Galicia e a súa dramática peripecia. Non o perdas!