Debaten en Lugo sobre patrimonio e conflitividade

O curso de verán celébrase entre hoxe e mañá

Baixo a dirección das profesoras Ana Cabana e Elena Freire, a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago (campus de Lugo) acolle hoxe e mañá as xornadas "Patrimonio e Conflitividade", nas que se reflexiona sobre o papel do patrimonio cultural nas sociedades contemporáneas. As xornadas contan coa participación de profesores universitarios como Nieves Herrero, Cristina Sánchez-Carretero ou Manuel Gago, expertos como Manuel Vilar (Museo do Pobo Galego) e organizacións como O Sorriso de Daniel, patrimoniogalego.net ou Mariña Patrimonio. O curso de verán realizarase entre hoxe xoves e mañá venres 26 de xuño.