Os marcos da creación

Exploramos a vila de Mondoñedo en clave literaria

Exploramos a vila de Mondoñedo en clave literaria
Todo territorio con creadores ten lugares emblemáticos e icónicos que os escritores recollen e recrean nos seus textos. Coa axuda do crítico Armando Requeixo, tentamos analizar cales son os espazos representativos da cidade de Mondoñedo que ficaron reflectidos para sempre na literatura, canda as súas casas e as "ágoras literarias", os lugares nos que entraban en contacto con outros creadores. Un interesante exercicio para ver como territorio biográfico, urbanidade e imaxinación se diferencian nunha pequena vila.




Aquí podes consultar a selección de textos literarios realizada por Armando Requeixo e que están vinculados aos espazos literarios que figuran no mapa. Podes lelos pola túa conta, ou clickar nos espazos respectivos no mapa interactivo. Se observas, na esquina superior esquerda do mapa, podes ver un recadro no que, clickando, desplegas todos os espazos.



Seminario de Santa Catalina



XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO



A nòsa clás

A nòsa clás é a pirmeira:
un Consello de dèz sábios,
con fina espada na lèngua
i-etèrna risa nos labios.

Aquí têdes a Albariño
i-a Castro Prieto sentados:
están comentando todo
canto hai dos cèios pra baixo.

Cerca de Díaz Pietrín
veredes a Díaz Castro:
Este ousèrva e cala a boca,
e Pietrín está calado.

Fernández Xusto e máis Murias
equí están parrafeando:
disenten, dán-se bilizcos,
e fan resonar o banco.

Elí detrás aparexan
Ónega e García Mato:
Mato rî-se, rî-se e rî-se,
i-Ónega dibuxa un sapo.

Axúntan-se Joseíño
e Rodríguez Lorigados:
Joseíño empèza un conto,
e Lorigados acába-o.

A nòsa clás é a pirmeira,
i-está feita de dèz sábios.
Albariño empèza a ròda,
e da-lle fin Lorigados.

A nòsa clás é a pirmeira,
e ninguén lle tòca o sacho.
¡Viva a nòsa clás, rapaces!
¡Decide viva, ou vos mato!!

Follas verdes, 1934


AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO



Aún perteneciendo todos los estudiantes a la diócesis mindoniense, se agrupaban por comarcas. Formaban una grey numerosa los de la tierra conventual de Meira y Riotorto, espíritus agudos y silenciosos, de sutil diplomacia, y especialmente dotados para enredar complicados silogismos. Contra ellos se cebaba particularmente la musa retranqueira de Noriega.
El grupo de los atrasnados lo constituían los del otro lado del Eo, asturianos de la Veiga, Taramundi, San Tirso, Castropol y Figueras. Con ellos formaba su pandilla y las hazañas, verdaderas o noveladas del grupo, le fueron con el tiempo atribuídas a él sólo.
No pasaban de los primeros ensayos de la picaresca estudiantil, pero no por eso dejan de figurar en los anales mindonienses más escandalosos.

―Aquilino Iglesia Alvariño, "Antonio Noriega Varela. Poeta da montaña", Faro de Vigo. Número especial conmemorativo del Centenario (1853-1953), 1953


ÁLVARO CUNQUEIRO



En mi ciudad de Mondoñedo ha muerto el canónigo dignidad de Maestrescuela de la Santa Iglesia Catedral de la Asunción. Se llamaba Francisco Fanego Losada, y durante cincuenta años había enseñado latín en el Seminario de Santa Catalina. Fue poeta en lengua latina y se la enseñó muy bien a docenas de discípulos, algunos de los cuales, como Aquilino Iglesia Alvariño, fueron grandes poetas de la lengua nuestra gallega. Don Francisco tenía su cátedra en la planta baja del Seminario, con dos ventanas enrejadas que daban al mercado, justamente donde los alfareros del país ponían a la venta ollas y cuencos, y a su lado ponían los labriegos los haces de paja. Unos pasos más, y ya dábamos con los carros acanastrados de los carboneros. Sobre el hablar gallego de los que vendían y los que compraban, se imponía la grave voz de don Francisco, que casi en gritos intentaba inculcar una frase de Virgilio o de Horacio en la mente, acaso reacia, del alumno montañés o valeco. Al decir latino, seguía la grave advertencia: "¡Muy clásico!".
Yo he atendido, desde el exterior, varias veces, a las lecciones del maestro Fanego, y he recordado alguna vez, y se lo he recordado a él como en una hora de particular irritación ―irritaciones que nada quitaban a su particular bondadoso, y aún inocente―, un jueves de mercado, sobre el bullicio del trato cerámico y agrario, se impuso su rotunda voz con un ejemplo: "Conscendere navibus aequor!". Por las abiertas ventanas de la cátedra llegaba el latín a los artesanos y labriegos, quienes callaron. Por segunda vez la voz del maestro Fanego gritó la frase. "Conscendere navibus aequor!". Y explicó: "¡Virgiliano! Embarcarse. Hacerse a la vela. Salir en las naves al mar".

―"El gramático", Destino (30-7-1974)

Volver ao mapa



Catedral





EDUARDO LENCE-SANTAR



A Paula


A Paula de Mondañedo,
Anqu’estou acó tan lonxe,
N-o meu curazón a teño.

A campá d’a Catredal
Mesmo a vexo c-os meus ollos
Tan galana e tan lanzal.

A campá d’a Catredal,
¡Cómo chouta de ledicia...!
¡Cómo funga co badal...!

A Paula d’a miña terra,
Qu’ela toca de cotío
Pra qu’eu non fine de pena.

Aló n-o cimbro d’a torre,
D’a vella torre de pedra,
Das sempr’as doce do día
Par’o val e par’a serra.

Y-o dal-as doce do día
Pol-o val de Mondañedo,
¿Quén non cata par’arriba...?
¿Quén non se lembra do ceyo...?

Con maxeza soberana
Fuxen tuas badeladas
Retumbando n-as rilleiras,
N-os penedos e montañas.

Por Corpus e por San Lucas,
Como voltexas, campana;
Reiniña de Mondañedo,
¡Miña campaíña Paula...!

Ducia e media fai de anos
Que me hacho n-Arxentina
E sempre te ouzo, campana;
¡Campaíña...!, ¡campaíña...!

¡Queira Dios que me non fine
En esta terra extranxeira;
E queira Dios que me enterren
Acarón d’a tua igrexa!

¡Queira Dios que par’a cova,
Como canto funeral,
M’aloumiñen os queixumes
Que ceibas c-o teu badal!

Acción Social, 1-1-1922


DANIEL PERNAS NIETO



O pazo do noso Señor


Groria de tempos pasados,
testigo, mudo penedo,
hestoria de tempos idos,
pregón de pasado tempo.

Lémbrate de ver erguida
esa testa funeraria,
moura com’os nosos días,
triste com’as nosas i-almas.

Altas torres que non falan...
Paula que levas pr’a lonxe
badaladas de queixumes
que ben te queixas de cote.

Honr’o teu nome Pacheco,
Veiga co’a su’Alborada
desperta n-o mundo enteiro
envexa d’a nosa fala.

Catredal: d’o incens’o fume
vai subindo de releixo
prefume pr’ós Anxeliños
e ledicia par’o Ceo.

Agardan tempos mellores
as pombas aló n-o bico,
i-eses tempos van pasando
entr’as queixumes, doidos.

A paz que tanto namora,
que n-o mundo non desperta,
piden’a todo’l’os días
que baixe, que baix’a terra.

Catredal: pano de bágoas,
cántas d’os ollos verquín,
cántas veces eu chorei
po-lo que chorabas tí.

Chorei ¡porque choraban!...
aquela Nai Dolorosa,
i-o que n-a Cruz espirou,
i-os orvalliños d’aurora.

As San Lucas, 1941


XOSÉ DÍAZ JÁCOME



Mencer


Agora mesmo,
cando a vella cunca do val se enche de luz
e o reló da catedral saúda á Alba
con sete badaladas,
eu estou a esculcar a fuxida da Noite
que o Mencer axota coas súas brancas azas.

¡Qué ledicia poder ollar
desde o picacho do Padornelo ―poño por cume amiga―
como a ciudá,
docemente acochada no val,
vai saíndo da escuridade
e as súas vellas pedras
vístense de luz pouquiño a pouco!

É coma se Mondoñedo volvera a nacer.
Coma se a primeira Arriola de sol bicara a miña alma.

Muíño fidel (1983)

Volver ao mapa



Nosa Señora dos Remedios





EDUARDO LENCE-SANTAR



A Virxen d’os Remedios


Virxen santa d’os Remedios,
Pomba de gracias sin fin:
¡Amparade ôs mariñeiros!

Os mariñeiros d’a Masma
Qu’están pescando a sardiña
E pode vil-a borrasca.

A borrasca traizoeira
Qu’esbandalla as lanchas todas
Y-hastra quer inval-as penas.

As penas d’a brava costa
Que loitando estàn de cote
Para esnaquizal-as olas.

As olas d’este mar fero,
As olas d’o mar Cantàbrico
D’a terra de Mondañedo.

La Voz de Mondoñedo, 5-2-1912


ANTONIO NORIEGA VARELA



Cantar montañés (Á Señora dos Remedios)


Santiña milagrosiña, lémbraste?
A nosa casiña
ond’a túa;
o Campo florido e ledo,
tu reinando en Mondoñedo,
eu… galanteando á lúa.
Á lúa, ¡e rompín con ela!;
pro meu sino ―crar estrela
que enxamais
de veleidades se extraña―,
deume outro amor ―a montaña―,
e non quixen rondar máis.
I, ¡ai!, cautivo da súa fala,
desestimo a quen fai gala
de non ver
que lle chama ó teu Neniño
‘meu bico de paxariño’
nun cantar de adormecer…

Do ermo (1920)


DANIEL PERNAS NIETO




A Naiciña d’os Remedios



N-a fala da musa miña
e d’os versos n’as rudeces
hai unha frol sin espiña,
remanso pr’o que camiña
d’este mundo entre fraqueces.

Solece. Pelra orballada,
po-lo respiro d’aurora,
feitura d’o Ben, amada
d’as estrelas, coroada,
a que d’o mundo é Señora.

Doíña; bágoa d’o Ceo,
tola d’amores, sin lixo
prendeo a Dios n-o seu seo,
co-as cordas d’aquel deseo
de querer canto Dios quixo.

Pech’a noite d’o pecado,
trem-a lus, i-o novo día
esquence tempo pasado
que s’amosa enguedellado
tras a impiedade qu’espía.

E mentras qu’aló lapea
en fogueiradas o Sol,
ten d’abondo quen non cea,
quen nos seus ollos estea,
sendo d’o mund’o remol.

A Dona, pomba sinxela,
trocou con Dios un biquiño,
i-en Nazaret unha estrela
olla o carreiro qu’ourela...
i-a Nai quedou n-o camiño.

Fala das Musas (1936)

Volver ao mapa

Fonte Vella





MANUEL LEIRAS PULPEIRO



Ben pode Mondoñedo dende agora,
aínda que vista farrapos, ter fachenda,
e, sen se engurriñar, a quen chegan
abrir en par as portas, para que o vexan!
Que, se pazos non ten, nin ten alaxes,
nin nada de seu vello glorias lembra,
abóndalle para honrarse e para que o honren,
a casiña onde embrollaron a Veiga,
a fontiña onde máis cantan as mozas,
e onde as el escoitaba: a Fonte Vella,
e o campiño florido onde os seus ósos
da Patria agardan a cumprida ofrenda!

―"Diante a cova de Pascual Veiga", Obras completas (1930)


ÁLVARO CUNQUEIRO



Todavía hay horas de una hermosura impar: las del mercado de la hierba para el caballar en la Fonte Vella, las de la llegada de las greas que bajan de la alta y solitaria Pastoriza y de la áspera Tierra de Miranda, ‘terra brava ya en Vasco da Ponte… La pequeña ciudad, nuestra amada provincia.

―Programa de festas As San Lucas. Mondoñedo, 17-20 de outubro do 1960

Volver ao mapa

Campo da Feira





ANTONIO NORIEGA VARELA



¡Inda tiran nas montañas
polo esprendor doutros tempos!,
inda nos queda o consolo
de ver que somos gallegos,
fóra das veces que vamos
a Romariz ou a Estelo,
por Viernes Santo, por Corpus
i a Víspera dos Remedios,
que son, contando As San Lucas,
os días que a Mondañedo
baixan dos aspros lugares
nenas garridas, a centos,
pra dar veliñas ós santos,
pra axustar misas cos cregos,
i andar de eiquí pra acolá
cos noivos de parrafeo!

―"Leite fresco", Montañesas (1904)


MANUEL LEIRAS PULPEIRO



As mallegas das San Lucas
háncheme ser acordadas,
que, anque me teño por algo,
ben deixei de dar ás zancas.

Cantares gallegos (1911)


DANIEL PERNAS NIETO



As greas das San Lucas


Ollo como baixan
as bravías greas
ceibando relinchos
polas carrilleiras.

Ollo como brincan
e danme pena.

Tran nos craros ollos
unhas bágoas tenras
e un cacho de fraga
pra lembrar na ausenza.

Tran un medo novo
e danme pena.

Veñen prás San Lucas
e son fror de feira.
Logo, como as xentes,
irán pra outras terras.

Veñen pra sofrer
e danme pena.

Tamén ás San Lucas
veñen outras bestas:
os vellos caciques
pra cobra-las rendas.

Estes, abofellas,
non me dan pena.

――Sen datar. Exhumado en Amencer, 15, xaneiro de 1984

Volver ao mapa


Ponte do Pasatempo





MANUEL LEIRAS PULPEIRO



Cheguei á Ponte de Ruzos,
e ouvín tocar as campás;
e din en pensar nas tristes
que oíu de alí a Mariscala.

Cantares gallegos (1911)


ÁLVARO CUNQUEIRO




Este es el ‘Puente do Pasatempo’. Aquí llegó y los soldados detuvieron, entreteniéndola, a la hija del Mariscal Pardo de Cela, el de la cabeza cortada. Aquí estuvo acompañada con su séquito hasta el día siguiente, en que las campanas de la Catedral le hicieron presentir el fin de su padre.

―Pedro Rodríguez, "Álvaro Cunqueiro cuenta su vida a Pedro Rodríguez (III)", El Pueblo Gallego, 6-1-1959

Volver ao mapa

Santa Catalina





AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO




Paséi en Mondoñedo dez anos, interno no seminario. Gardaréi sempre na memoria tres cousas: o olor a incenso e a luz coada do coro dos coengos na catredral, nas infindas tardes dos domingos de coresma. Qué ben se perdia un tras dos trasnos rebirichados dos outos respaldos, ouvindo a voz entonada dos predicadores novos que por vez primeira rubían ao púlpito do señor Maxistral, para enumerar unha por unha todal-as penas do inferno! Outra é a ledicia das zreixeiras, acacias e ameneiros de Mondoñedo, ao rente dos prados máis húmedos e xugosos, sin ser augacentos, que eisisten no mundo. E a terceira, as pisadas solermiñas do meu profesor de Lugares teolóxicos, a espiarme por un furado da porta a ver si lía versos ou novelas. Qué disgustos me trougueron o Fausto, as Noites de Musset e a Lóxica de Hegel. Nin con eispricar que estaba anotada ista derradeira por un fervoroso católico como D. Antonio Mª Fabié!

—Xosé Filgueira Valverde, "Aquilino Iglesia Alvariño: Biografía", Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada, Ana Acuña e Xesús Alonso Montero eds., Pontevedra, Deputación Provincial, 2008

Volver ao mapa

Oficiña Lírica do Leste Galego





ÁLVARO CUNQUEIRO




No noso faio, terceiro piso da miña casa patrocial, temos estabrecida a Oficiña Lírica do Leste Galego: unha brúxula, unha luz verde, un anaco de espello, un pasquín de propaganda comunista escribido en chino —que lle mandou ao Iglesia Alvariño un rapaz da sua aldea camareiro en Shangai—, un cuadro de Chirico i-un galgo ruso disecado con unha perna de aramio. I-unha craraboia maravillosa, cáseque abismática. Un dibuxante, formidavel rapaz: B. Vidarte. O Iglesia Alvariño, teólogo, zoqueiro de oficio, que linda ao Norde por todas partes. I-eu.

—Augusto María Casas, "Esquema da nova poesía galega", Nós, 139-144, xullo de 1935.

Volver ao mapa

Barbería do Pallarego





XOSÉ TRAPERO PARDO




¡Cuántas inspiraciones no nacieron bajo aquel techo, del que pendía una guitarra, y junto a los frascos de colonia y al lado de la caja en que amorosamente guardaba el violín! Algunos de los Papeles de color cunqueirianos posiblemente se gestaron allí. Allí hemos escuchado la primeira lectura de algún artículo de Jesús Santeiro, antes de que lo publicase. Allí recitó sus versos, entonces inéditos, Crecente Vega. Allí leímos también nuestras primeras salidas hacia la batalla de la letra impresa.

—"Recordando a dos poetas lucenses: Noriega Varela y Crecente Vega", El Progreso, 2-4-1948

Volver ao mapa

Casino de Mondoñedo




ÁLVARO CUNQUEIRO



Y también subimos al casino, donde hay grandes espejos dorados, divanes de peluche rojo y lámparas de globos opalinos. Y una biblioteca. La primera que tuve a mi alcance. En este salón fueron mis primeros valses, tangos y pasodobles. Y mis primeras pasiones. Cuando me enamoraba pasaba muy malos ratos: no comía, no dormía. Qué sé yo. Y en estas mesas de mármol jugué mis primeras partidas de dominó.

―María Dolores Serrano, "La magia cotidiana de Álvaro Cunqueiro", La Gaceta Ilustrada, 12-1-1969.

Volver ao mapa

Cemiterio




PASCUAL VEIGA






MANUEL LEIRAS PULPEIRO



Se cando me fine, as campás
do meu lugar non me choran;
se, onde os meus, achegadiña
non abren logo, a miña cova,
e enriba dela non poñen
roseiras de rosas roxas,
ben roxas, como as que eu coido
con amor na miña horta;
que non me chamen para o ceo,
que non vou, non sendo á forza,
sen botarme antes, de noite,
pola aldea de riola,
ata que comigo pegue
quen me requira e me ouza
e faga tanguer as campás;
e que, onde quero, me poñan,
e, despois ao pé meu teña
roseiras de rosas roxas.

Obras completas (1930)


ÁLVARO CUNQUEIRO



Loubado seña Deus, porque me permitiu nacer, medrar, facerme home e agora envellecer neste grande reino que chamamos Galicia... Loubado sexa Deus por terme dado o don da fala nosa... Tamén teño que dar gracias a Deus por haber nacido nesta nación galega entre vós... Se de min algún día, despois de morto, se quixera facer un eloxio, podería dicir a miña lápida: Aquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

―Do discurso de Álvaro Cunqueiro nunha homenaxe que se lle fixo en Vigo o 25 de Abril de 1980. Recollido en Encrucillada, 22, 1981

Volver ao mapa