A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) daba a coñecer onte o programa Firma e Filme. Este proxecto busca promover adaptacións cinematográficas de obras literarias galegas. Como primeiro paso do novo programa, está a se realizar unha recollida de datos tanto da oferta editorial existente "como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras". Para isto, todas as entidades interesadas en participar teñen ata o 18 de xuño para enviar fichas normalizadas cos seus intereses (as produtoras) e cos tÃtulos con posibilidades de adaptación (as editoras).