A Academia de Belas Artes incorpora cinco novos membros

A institución tamén nomeou académicos correspondentes

Din Matamoro, Ignacio Basallo, Enrique Jiménez, Asunta Rodríguez e Xosé Díaz de Castro foron escolleitos esta fin de semana polo plenario da Real Academia Galega como novos membros da institución. Trátase de cinco incorporación que amplían a representación social na entidade e que se producen na Sección de Pintura e Gravado (Din Matamoro), de Escultura (Ignacio Basallo); de Música (Enrique Jiménez); de Expertos nas Artes (Asunta Rodríguez) e de Artes da Imaxe, que incorpora o deseñador Xosé Díaz.

Na mesma xuntanza, a entidade nomeou tamén académicos correspondentes a José María Eguileta Franco (Doutor en Historia e Arqueólogo), Fernando Agrasar Quiroga (Doutor Arquitecto e Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC), e Ana Eulalia Goy Diz (Doutora en Xeografía e Historia Sección Historia da Arte e profesora titular da USC).