Durante unhas xuntanzas no castelo de Soutomaior o venres pasado, os xurados dos tres premios anuais convocados pola editorial Xerais (o de novela, o Jules Verne de literatura xuvenil e o MerlÃn de literatura infantil) resolveron os finalistas de cada unha destas convocatorias. O xurado de novela resolveu como finalistas as obras presentadas baixo os lemas "Adiante sempre", "De remate" e "Pedra dÂ’ Ostral". No caso do Jules Verne, as obras finalistas están baixo os seguintes lemas: «Europa», «Leaena Hiems» e «Violeta». Os MerlÃn de LIteratura Infantil teñen as obras finalistas «Aleteo Brisalinda», «Divina Sandamil», «Megumi».