
A nova xunta directiva de AGAG está integrada por Araceli Gonda Cabreira, Lidia Fraga, Jon Borja, Sarinha Gómez, Daniel D. GarcÃa, Roberto G. Méndez, Xacio Baño e Alfonso Pato.
AGAG é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1997 que ten como obxectivo a representación, defensa e promoción dos intereses comúns dos seus afiliados no ámbito laboral, profesional, social e económico e a difusión cultural da profesión de guionista e a súa tarefa. Tamén é prioridade para esta organización a defensa dos dereitos de autor, dada a condición intrÃnseca do guionista como autor de toda obra audiovisual.