A Sinfónica de Galicia destaca a Mahler e Strauss na súa nova temporada

Christoph Eschenbach e Martyn Brabbins serán directores convidados

15/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Xa está na rede a programación da Orquestra Sinfónica de Galicia para a temporada 2015/2016. Á xa anunciada recuperación das xiras internacionais, a formación anuncia un programa no que Richard Strauss e Gustav Mahler son protagonistas. Canda a isto, a música sinfónico-coral de Haydn e Verdi, a fin do ciclo dedicado a Sibelius e a continuación del dedicado a Haydn marcan o vindeiro repertorio da OSG. No campo da lírica, a formación abordará Salomé, de Strauss, baixo a dirección de Eliahu Inbal.

Na súa actividade, a orquestra contará con convidados como os directores Christoph Eschenbach, Martyn Brabbins, Jesús Lopez Cobos, Juanjo Mena ou Josep Pons, así como as voces de Ewa Podles, Ekaterina Metlova, Dolora Zajick ou Mhairi Lawson entre outros.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, OSG

Claves

Entidades