Preguntámoslle a Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, polo autor homenaxeado este ano no Día das Letras. No medio da polémica sobre esta figura, Alonso Montero é ademais autor do, polo momento, único libro por extenso que saíu publicado este ano sobre Filgueira Valverde.
A data achégase e continúa o cuestionamento da figura do Vello Profesor, con chamadas a non celebrar a data por parte de colectivos como A Mesa pola Normalización e a negativa a participar do Concello de Pontevedra, cidade que acollerá os actos centrais da efeméride. Nesta situación, a obra literaria de Filgueira centra o interese do presidente da Real Academia Galega, coa intención de que o personaxe sexa xulgado pola súa produción antes que polas súas ideas políticas ou a súa relación co franquismo. A perspectiva é a mesma que Alonso Montero mantén na Biografía intelectual que acaba de publicar en Xerais sobre o homenaxeado, polo momento a única obra que busca un achegamento integral a este autor nun ano no que ata a data escasean as obras que o teñen como protagonista.
CG:Ten comentado que este traballo de investigación sobre Filgueira levouno de asombro en asombro. De onde veñen estes asombros?
Alonso Montero: A primeira vez que fiquei asombrado con el foi o 23 de abril de 1948. A coincidir co Día do Libro veu ao Instituto Santa Irene de Vigo, onde eu cursaba sétimo de bacharelato, para dar unha conferencia titulada Cervantes y los niños. Naquela conferencia ao presentalo a nosa profesora dixo que era catedrático e profesor de instituto, e que non se entendía como non rexenta unha cátedra de Universidade. Desde aquela véñome asombrando co saber de Filgueira, coa súa poligrafía. É un home capaz de escribir un libro en colaboración con Álvaro DOrs sobre epigrafía pontevedresa ou un dos grandes libros sobre Santiago e Pontevedra. O seu Camões do 58 aínda hoxe se consulta e a súa tese sobre a Cantiga CIII de Alfonso X fixo del unha das grandes autoridades en lírica medieval galego-portuguesa.
Cando me puxen a ler cousas que non lera e revisei outras que tiña máis ou menos esquecidas seguín de asombro en asombro. Hai artigos de xornais nos que moitos eruditos non teñen reparado e onde sempre se atopa unha orixinalidade, unha pericia ou unha pequena ou non tan pequena descuberta. É curioso porque hai unha obra magna, un dos tres ou catro grandes títulos de Filgueira, que eu non coñecía. Trátase de Pontevedreses universales, está editada en tres tomos e fala por exemplo de Camões, vencellado polos seus devanceiros á provincia, do Padre Sarmiento ou de Paio Gómez Charino, en cuxa casa viviu o propio Filgueira.
Dentro de toda a súa produción e actividade, que papel pensa que cumpriu Filgueira na cultura galega?
Se puidese pór nun esquema os grandes títulos que escribiu destacaría o traballo como investigador pero tamén como divulgador. O seu labor en prensa e nos nove tomos de Adral é ese, divulgar. É o último polígrafo galego, desde a súa morte no 96 non hai máis, e antes ca el estivera Otero, que morreu vinte anos antes. Se Otero Pedrayo fora xeógrafo, articulista, divulgador e un grande creador, no caso de Filgueira a creación non ten a mesma importancia. É certo que fai poesía, case sempre ao xeito medieval, e imos descubrir este ano a súa importancia como dramaturgo. En breve poderemos ver en Pontevedra unha representación da súa obra Agromar, e ademais ten pezas teatrais en castelán e unha en galego medieval que publicou en Grial. Algúns consideran tamén que é un narrador importante con obras como Os nenos, O vigairo ou o conxunto de textos en prosa Quintana viva. O conxunto desta poligrafía, onde hai erudición e creación, crítica e relato, poesía, epigrafía, biografía, bibliografía, teatro e investigacións constitúe un dos grandes capítulos da nosa cultura.
Tanto no seu libro, como nas súas declaracións, o presidente da RAG de xeito especial a obra escrita de Filgueira ante outras facetas como o seu labor á fronte de diferentes entidades ou das súas relacións con outros galeguistas. Mesmo para explicar algunhas destas facetas recorre á produción epistolar do autor, un ámbito no que, ao seu ver, se poden atopar boa parte as claves da súa posición ante o franquismo.
Tense comentado a importancia da súa correspondencia á hora de demostrar o apoio de Filgueira ao galeguismo
A verdade é que cando tentei facer esta descrición da súa poligrafía esquecín o epistolario, e Filgueira é un grande epistológrafo. Recomendo como libro importante as súas cartas cruzadas con Otero Pedrayo, e eu lin o epistolario con Sánchez Cantón, que é unha figura fundamental como amigo, confidente ou valedor de Filgueira. Moitas das cousas que conseguiu para Pontevedra, o Museo ou o Instituto débense ao peso que tiña Sánchez Cantón en Madrid. Coñezo outras cartas a Ben-Cho-Shey ou a Celso Emilio, e a correspondencia cruzada con Ramón Piñeiro é extraordinaria. En breve publicarei un artigo no Faro das Culturas sobre esta cuestión. Dentro desas cartas, que intercambiaron entre 1943 e 1960, son moi importantes as anteriores ao 46, cando Piñeiro entra na prisión, e as que hai entre o 49 e o 52. Nelas próbase que desde que acabou a guerra, ou cando menos a partir do 42, Filgueira é alguén que ao seu xeito tenta erosionar o edificio intelectual do réxime desde dentro, moitas veces inducido, suxerido ou apoiado por Ramón Piñeiro, que á súa vez tenta facelo desde fóra.
Que Filgueira pensa que nos vai deixar este día das letras?
Un dos obxectivos do meu libro é situalo, poñelo no momento da súa biografía, sobre todo no contexto sociopolítico no que emite estes xestos e estes libros.
Voces como as de Freixeiro Mato teñen sinalado recentemente a súa sorpresa ante a escaseza de obras que, polo momento se lle teñen dedicado ao homenaxeado. Así, á obra do presidente da RAG súmase outra pequena biografía que editou con Ir Indo e A poesía oculta de Filgueira Valverde, na que o propio Freixeiro Mato exhuma varios poemas profranquistas do autor das páxinas de O Gaiteiro de Lugo. A estas súmanse as reedicións que está a facer Galaxia na Biblioteca Filgueira Valverde, cos volumes Quintana viva, O Vigairo e dous números de Adral xa dispoñibles, ou o facsímile de Os nenos que publicou o Consello da Cultura. Alonso Montero, malia a recoñecer que polo momento os títulos que teñen o autor como protagonista son escasos, considera que é aínda moi cedo para facer balance.
Pensa que se está a investigar axeitadamente a figura a coincidir con esta celebración?
O Día das Letras aínda é o 17, e poden saír publicacións a fins de maio, en xuño ou despois. Outras veces ten sucedido, tanto con reedicións como inéditos ou traballos sobre a figura homenaxeada. É certo que non teñen aparecido outros libros de conxunto, fóra do meu. E hai facetas e períodos que abordei dun xeito que dista de ser exhaustivo, quizais obras como esta deberan ser colectivas. Eu estou familiarizado con algunhas das especialidades de Filgueira, pero de facetas como a arqueoloxía e a epigrafía o coñecemento xa é menos familiar. Eu por exemplo sinto que no libro non haxa un capítulo para facer un estudo da súa lingua e do seu estilo como cultivador do galego. Non tardará en saír un traballo que estou a preparar sobre as súas ideas sociolingüísticas, e son consciente de que habería cousas máis explicitadas no libro de se reeditar ampliado.
Levamos varios anos nos que autores como Pereiro, Vidal Bolaño ou Díaz Castro motivaron unha intensa participación social na conmemoración do Día das Letras. Como ve esa mobilización na celebración deste ano?
Falar de eco social no caso do protagonista do Día das Letras son palabras maiores. Eco social é o que ten Belén Esteban en Telecinco. Os letraferidos galegos somos poucos, uns cantos miles, e destes nin sequera todos están comprometidos coa lectura e coa literatura en galego. Con estes poucos miles non hai para manifestacións masivas na rúa ou na praza pública. É certo que escritores como Pereiro ou Vidal Bolaño, polos xéneros que cultivaron, os temas ou a súa actitude, suscitan un eco maior en determinados sectores da sociedade. Non é este o caso de Filgueira, que sendo un creador de certa importancia ten unha obra de erudito. Isto chega a minorías de universitarios, moitas veces nin sequera a alumnos que están a cursar, por exemplo, Filoloxía Hispánica.
Gustaríame que sobre todo alí onde está o futuro, que é nos institutos, os directores e profesores de literatura e non só galega, fixesen o esforzo de facer chegar a verdadeira voz de Filgueira aos seus alumnos. Eu fago o que podo, teño falado con varios institutos e aínda para o día 12 falarei nun colexio a nenos pequenos.
Malia centrar o seu interese na obra do autor, Alonso Montero non elude no seu recente libro a polémica que provocou o nomeamento de Filgueira para o Día das Letras, e de feito tenta desmontar os argumentos que o vencellan co Franquismo. Fronte a isto, o presidente da Academia apunta que o polígrafo negouse a ser xefe do Movemento cando exerceu como alcalde de Pontevedra, asegura que había falanxistas dispostos a pasealo durante a Guerra e destaca que nunca deixou de ser un obreiro da causa galega. Do mesmo xeito, o volume achega unha ampla selección de textos nos que diferentes personalidades glosan a figura do Vello Profesor. Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Basilio Losada, Ferro Ruibal, Antón Santamarina, Víctor Freixanes, Xosé Ramón Barreiro, Fernández del Riego ou Ramón Villares entre outros son citados a salientar as virtudes deste persoeiro. Ademais, o presidente da RAG dedíca un apartado da obra a analizar as relacións co Franquismo de diferentes autores homenaxeados no Día das Letras, a destacar como a polémica que acompaña a Filgueira este ano non se deu con outros casos mesmo de maior adhesión ao réxime.
Por qué pensa que se deu esta polémica precisamente este ano e con este personaxe?
A segunda parte do libro dedícoa a investigar nove escritores galegos que están moi afectados polo 36, como Risco, Cunqueiro, Herrera Garrido, Díaz Castro ou o propio Otero Pedrayo. Todos eles nun momento ou noutro da súa vida emiten un signo a este respecto que hoxe lle pode parecer problemático a espíritos ultrapuros. Pero hai que os ler no seu contexto. O verdadeiramente asombroso é que estes signos problemáticos semella que só interesan a eruditos, críticos ou xornalistas cando os emite Filgueira Valverde, mentres que con outros non se tiveron en conta.
É algo que non acabo de comprender. Se cadra ao final do ano, nas xornadas que se farán a xeito de balance, expoño a conclusión a que chegarei e que polo momento comezo a albiscar.

Filgueira é o último polígrafo galego, desde a súa morte no 96 non hai máis.

Filgueira é alguén que ao seu xeito tenta erosionar o edificio intelectual do réxime desde dentro.

Falar de eco social no caso do protagonista do Día das Letras son palabras maiores. Eco social é o que ten Belén Esteban en Telecinco.