O secretario da Fundación del Libro arxentina, Alejandro Vaccaro, anunciaba onte que Santiago de Compostela será a cidade convidada na prestixiosa Feira do Libro de Bos Aires. A capital galega tomará asà en 2016 o relevo de México DF, a cual ocupa o posto na actual edición, que se desenvolve ata o vindeiro 11 de maio. O convite para Compostela leva anos a se negociar entre a ConsellarÃa de Cultura e mais a organización da feira, e leva aparellada unha intensa programación que pretende visibilizar o sector editorial galego.