
As xornadas estiveron enfocadas desde un punto de vista práctico, encamiñado a coñecer as experiencias que xa están en marcha en centros que traballan con patrimonio cultural nacido dixital, centros xa existentes que teñen que dixitalizar o seu patrimonio, e arquivos municipais ou estatais. Tamén houbo espazo para reflexións teóricas onde os expertos incidiron en que a conservación e difusión de recursos documentais van unidos a través da dixitalización, asà o persoal das bibliotecas especializadas, caracterizadas pola diversidade de recursos documentais "deben coñecer os pasos e os mecanismos existentes para ir da conservación á difusión: desde as normas de dixitalización á suba na rede dos recursos documentais".
Nesta xuntanza analizóuse o panorama actual que ten que ver coa selección, adquisición, tratamento, acceso e preservación no tempo do patrimonio. Pola súa banda, MarÃa Manuela Pinto, da Facultade de Letras da Universidade do Porto, destacou o labor da tecnoloxÃa para a preservación e difusión de contidos no relatorio Da institución á preservación da memoria: a mudanza sobre un novo paradigma.
Internet e a dixitalización
Nos últimos anos proliferaron as iniciativas de software, habitualmente libres e gratuÃtas, que permiten a arquivos, bibliotecas, museos, artistas ou particulares almacenar dixitalmente fondos documentais, xestionalos e compartilos cos usuarios a través da rede. Neste contexto Ciro Llueca da Filmoteca de Cataluña impartiu a conferencia As plataformas dixitais, oportunidade (con segundas intencións) para a difusión do patrimonio cultural.
Pola súa banda, Mar GarcÃa Miraz integrante do grupo de traballo do Proxecto de cooperación transfronteiriza ARPAD, da Xunta, pechou a xornada destacando o papel que ten o Arquivo Dixital de Galicia na conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, na habilitación de servizos dixitais e na eliminación do papel nas relacións administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.