A editorial Bibliófilos Gallegos. Un proxecto cultural galeguista na posguerra é o tÃtulo baixo o que se presenta a mostra, que pretende ser unha homenaxe á contribución realizada por esta editorial á cultura galega, asà como ás persoas que a fixeron realidade. A mostra, promovida pola ConsellerÃa de Cultura, está integrada por máis de 70 libros e documentos que amosan o proxecto editorial galeguista que cofundou Filgueira Valverde.
A exposición, que pode visitarse ata o 31 de maio na Cidade da Cultura, contén varios exemplares de diferentes coleccións da editorial como Biblioteca de Galicia, Colección Obradoiro, Bibliófilos Galegos ou a Enciclopedia Galega.
Bibliófilos Galegos fundárona en 1949 en Santiago un grupo de persoas ligadas ao Seminario de Estudos Galegos, entre eles Sánchez Cantón, que foi o primeiro presidente; Marcelino Branco da Pena e o literato Filgueira Valverde. Tamén participaron nesta iniciativa outros intelectuais como ValentÃn Paz Andrade, Isidro Parga Pondal e Francisco Fernández del Riego.
Esta editorial é a primeira empresa na posguerra que, ademais da edición de obras clásicas, levou a cabo un destacado labor de promoción da creación literaria en galego con iniciativas como a posta en marcha dun certame literario.