O Gaiás acolle a exposición sobre a editorial Bibliófilos Gallegos

A mostra destaca o papel a prol da creación en galego na posguerra

5/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: historialinguaDía das Letras Galegas 2015
30 lecturas | Compartido 0 veces

A editorial Bibliófilos Gallegos. Un proxecto cultural galeguista na posguerra é o título baixo o que se presenta a mostra, que pretende ser unha homenaxe á contribución realizada por esta editorial á cultura galega, así como ás persoas que a fixeron realidade. A mostra, promovida pola Consellería de Cultura, está integrada por máis de 70 libros e documentos que amosan o proxecto editorial galeguista que cofundou Filgueira Valverde.

A exposición, que pode visitarse ata o 31 de maio na Cidade da Cultura, contén varios exemplares de diferentes coleccións da editorial como Biblioteca de Galicia, Colección Obradoiro, Bibliófilos Galegos ou a Enciclopedia Galega.

Bibliófilos Galegos fundárona en 1949 en Santiago un grupo de persoas ligadas ao Seminario de Estudos Galegos, entre eles Sánchez Cantón, que foi o primeiro presidente; Marcelino Branco da Pena e o literato Filgueira Valverde. Tamén participaron nesta iniciativa outros intelectuais como Valentín Paz Andrade, Isidro Parga Pondal e Francisco Fernández del Riego.

Esta editorial é a primeira empresa na posguerra que, ademais da edición de obras clásicas, levou a cabo un destacado labor de promoción da creación literaria en galego con iniciativas como a posta en marcha dun certame literario.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Consellería de Cultura, Fernández del Riego, Isidro Parga Pondal...