O disco de N.H.U, "obra clave" do rock galego, reedítase en vinilo

O único traballo desta banda histórica convértese en obxecto de culto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O disco de N.H.U, "obra clave" do rock galego, reedítase en vinilo

N.H.U., banda pioneira do folk-rock progresivo en Galicia, editaba en 1978 o seu único disco converténdose nunha peza de coleccionismo. O novo selo Polyrock acaba de presentar a reedición deste traballo en vinilo de 180 gramos e só 300 exemplares do único traballo do grupo onde o seu rock en galego segue sendo obxecto de culto.

A nova edición de N.H.U. (Abrente/Novola, 1978) foi realizada a partir das gravacións orixinais e conserva a mesma portada da primeira edición ilustrada por Ventura Corres e con fotografías de Anna Turbau, á que se engaden imaxes e información da traxectoria da banda.

As seis cancións das que consta este traballo discográfico reflicten o espírito dun grupo que traballou de xeito moi persoal na creación dun repertorio que eles mesmos denominaron "A obra", no que a partir dá libre creación dos músicos se estruturou nunha sucesión de movementos influídos por The Mahavisnu Orchestra, King Crimson, Frank Zappa, ou polo rock de raíces celtas.

Co paso do tempo, a cotización das unidades publicadas na edición do 78 foise incrementado ata chegar a converterse nunha peza de culto, alcanzando un valor económico superior aos douscentos euros.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Folk, Abrente

Claves

Entidades
Conceptos