Xa se coñecen os gañadores da trixésima edición dos premios Losada Diéguez. No campo da creación literaria Diego Ameixeiras impúxose coa súa obra Conduce rápido. Segundo apunto o xurado, é de destacar neste traballo "a proximidade da linguaxe ao público máis novo, a constancia na presentación de espazos e personaxes contemporáneos e a súa recepción favorable por parte da crÃtica e da sociedade en xeral".
Pola súa banda, Ana Acuña foi a vencedora na categorÃa de Investigación e Ensaio polo seu traballo Conciencia polÃtica e literatura galega en Madrid. O xurado salientou que esta obra "recolle unha investigación cabal e rigorosa sobre un exilio particular de galegos e galegas na capital do Estado, un grupo consciente da súa galeguidade exercida en Madrid de xeito plural".
Os premios están dotados con cadanseus 6.000 euros, e os dous galardoados recolleranos nun acto que se celebrará o vindeiro 13 de xuño no pazo da familia Losada en Boborás. En total presentáronse a esta edición vinte traballos de creación literaria e oito de ensaio.