Edicións Xerais presentará aos medios o xoves 16, ás 12:30, en Pontevedra na GalerÃa Sargadelos o libro "Xosé Filgueira Valverde. BiografÃa intelectual", escrito por Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. A achega de Alonso Montero á figura de Filgueira Valverde é unha aproximación ao que denomina "o último polÃgrafo", versado en moitos saberes humanÃsticos, dos que cómpre "salientar a rica e caudalosa bibliografÃa, os seus estudos literarios". "Nesta biografÃa intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista", sinálase na nota editorial.