Ao longo da historia da danza o papel da muller foi moi relevante, non só como intérprete, senón como creadora. Non obstante, nas últimas décadas parece que está perdendo peso ata desaparecer. Neste contexto, a coreógrafa Ana Abad Carlés baixo o tÃtulo Escavando túneles: a danza nos albores do século XXI, analiza, o xoves 23 de abril ás 17 horas na sede do Consello da Cultura Galega, unha situación real pouco coñecida: a mingua das mulleres nos postos decisivos na danza. Esta ponencia enmarcase no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s), seminario coordinado polo profesor Ramón Máiz.
Ana Abad Carlés, que tamén é membro do Núcleo de Estudios Antropológicos sobre Danza, Movimiento y Sociedad da IDAES-UNSAM de Bos Aires, detallará cifras e circunstancias que cuantifican a paulatina desaparición das mulleres dos postos creativos e de poder no mundo da danza, ademais de expor estudos que se desenvolveron en diferentes paÃses sobre a materia.
En 2008, das 59 compañÃas de danza estadounidenses, 45 estaban dirixidas por homes, dez por mulleres e catro por un equipo de home e muller. En España, a CompañÃa Nacional de Danza só tiña unha coreografÃa asinada por unha muller nun repertorio que superaba as 50 obras á altura de 2003.