O 2003 arranca con galardóns na BD galega: O Concello de Arteixo por unha banda e o café O Alfaiate pola outra celebraron os actos para a entrega de premios dos seus concursos de cómic.
O pasado 21 de xaneiro entregábanse os premios do VIII Certame de Cómic e Banda Deseñada Art`eixo 2002-2003. David Rubín, último gañador do certame de Ourense, fíxose tamén co primeiro premio da categoría de adultos desta edición, dotado con 500 euros, coa obra "O home cos calzóns por riba dos pantalóns". Acompañárono nesta categoría Guillermo Mateos García de Ourense (segundo premio por "Noite Macabra") e Marcos García de Compostela (terceiro premio por "Tronco XL").
Os premios na categoría xuvenil quedaron como segue:
1º Premio.- Rubén Vázquez Anidos, da Coruña, pola obra "Historias de la
Abuela" (200 )
2º Premio.- Nuria Díaz Berride, de VilagarcÍa, pola obra "AserET" (150 )
3º Premio.- Eduardo Fernández Peral, de O Temple, pola obra "American
Christmas" (100 )
Na categoría infantil os premios repartíronse do seguinte xeito
1º Premio.- Cristina Abelenda López , de Arteixo, pola obra "Los mutantes"
(colección libros e cómics 50 )
2º Premio.- Miguel A. Alonso García e José A. Alonso García, da Coruña, pola obra "Naufrago" (colección libros e cómics 40 )
3º Premio.- Premio deserto por non existir máis obras presentadas
O mellor autor local foi Felipe Carballeira pola obra "Apocalipsis", e levou como premio un curso de animación por ordenador.
Alfaiate
Pola súa banda, o día trinta de xaneiro entregábanse os premios do I Concurso de Cómic O Alfaiate, convocado por esta cafetería e local social coruñés. O primeiro premio, dotado con 250 foi para a historia "A segunda opción" de Juan Manuel Sanmiguel Martínez. "Catro homes e unha partida de póker ou demasiada sorte non é sorte" é o título da obra de Rafael Saldaña López que se fixo cos 150 do segundo premio. Ademais houbo tres accésits dotados con cadanseu lote de bandas deseñadas que foron para "Familia Feliz" de Patricia Saavedra, "Dez segundos" de Kike Benlloch e "In The american way" de J.A. Peña González e Roi Paz Collazo.
A obras gañadoras seleccionáronse entre un total de vintesete traballos e poden verse ata mediados de marzo no local organizador. Os organizadores do certame están a estudiar que a mostra se poida ver en diferentes localidades e xornadas e mesmo a posibilidade de publicaren os traballos premiados.