A migración é o tema a debater no encontro Mateus DOC Galicia que se desenvolverá por primera vez no paÃs entre os dÃas 18 e 20 de setembro de 2015. Esta nova edición, organizada polo Instituto Internacional Casa de Mateus e o Consello da Cultura Galega, abre o prazo de presentación de propostas sobre a migración que sirvan para reflexionar e debatir interdisplinariamente sobre ese concepto. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio.
Mateus DOC é un programa do Instituto Internacional Casa Mateus (IICM) que procura estimular o diálogo interdisciplinar entre investigadores novos de diferentes áreas, confrontándoos con temas de actualidade e interese xeral. Actualmente leva oito edicións en marcha que se desenvolveron sempre no marco da Casa de Mateus (Vila Real, Portugal). Este ano por primeira vez celebrarase, do 18 ao 20 setembro, na Casa de Europa en Santiago de Compostela.
O obxectivo é reunir a un pequeno grupo de 10 a 12 investigadores, disposto a discutir durante unha fin de semana, aspectos comúns e diferentes puntos de vista sobre o fenómeno migratorio. Os documentos e resultados dos debates presentados publicaranse en formato analóxico como ven realizando o Mateus DOC durante as oito edicións anteriores.
As propostas presentadas terán que ir acompañadas dun CV actualizado e dunha carta de presentación do grupo ou centro de procedencia e deberán ser remitidas por formulario on-line antes do 30 de maio.