Multitude de finalistas nos premios dos escritores

Vinte e catro obras compiten en seis categorías dos galardóns da AELG

A Asociación de Escritores deu a coñecer a pasada fin de semana a listaxe de candidatos aos seus premios anuais. A Gala das Letras que se celebrará no Círculo de las Artes de Lugo o vindeiro 9 de maio acollerá a proclamación dos gañadores nunha edición na que sobrancea a grande cantidade de finalistas. Así, un total de 24 obras optan a algunha das seis categorías, con algunhas tan rifadas como a de Narrativa, á que optan seis obras, ou á de poesía, onde compiten cinco poemarios.

A estes finalistas, súmanse os das candidaturas ao mellor Blog Literario, onde recuncan Caderno da crítica e Criticalia, e mais a de Xornalismo Cultural, onde voltan estar presentes, ao igual que o pasado ano, Carme Vidal e Montse Dopico, que compiten desta volta con Alberto Ramos e Blanca-Ana Roig Rechou.

Por editoriais é Xerais, con oito nominacións, a que conta cunha maior presenza, seguida de Galaxia con 4. As dúas firmas viguesas copan as propostas de Literatura Infanto-Xuvenil e mais de narrativa. No campo da tradución destacan as dúas candidaturas que obtivo Huguin e Munin.


Listaxe completa de finalistas aos premios da AELG

Blog literario
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás [https://cadernodacritica.wordpress.com/]
Criticalia, de Armando Requeixo [http://armandorequeixo.blogaliza.org/]
Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/]

Ensaio
Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña (Alvarellos Editora)
Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)
Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández (Alvarellos Editora)


Literatura Infanto-Xuvenil
Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)
Tes ata as 10, de Francisco Castro (Editorial Galaxia)

Xornalismo Cultural
Alberto Ramos
Blanca-Ana Roig Rechou
Carme Vidal
Montse Dopico

Narrativa
55, de Xavier Queipo (Edicións Xerais de Galicia)
A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)
Dende o conflito, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia)
Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos (Editorial Galaxia)
Olympia Ring, 1934, de Xabier López López (Editorial Galaxia)
Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga (Edicións Xerais de Galicia)

Poesía
A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)
As voces da máscara, de Arcadio López-Casanova (Pen Clube de Galicia)
Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario)
Dun lago escuro, de Marta Dacosta (Edicións Xerais de Galicia)
Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (A. C. Caldeirón)

Teatro
Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, de Isabel Freire (Editorial Galaxia)
Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere Editora)
Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)

Tradución
A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
Jude o escuro, de Thomas Hardy, en tradución de María Fe González (Editorial Hugin e Munin)
Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, en tradución de Isaac Xubín (Faktoría K de Libros)
Un matrimonio provinciano, da Marquesa Colombi, en tradución de Isabel Soto (Editorial Hugin e Munin)