A AELG anuncia os finalistas aos seus premios

Trinta e seis obras e autores compiten en oito categorías

Logo dunha primeira fase de votacións entre os seus 425 socios, a Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo publica hoxe a lista de candidatos aos seus premios anuais. Un total de 36 obras compiten en oito categorías, ás que se suman os galardóns xa anunciados, de Escritora Galega Universal a Lídia Jorge,Insitucións, ás asociacións culturais nadas nos setenta, e mais Os bos e xeneros aos humoristas gráficos Siro López, O Carrabouxo, Pepe Carreiro, Siro e Xaquín Marín. A estes súmase o novo galardón Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga.

Os resultados da segunda rolda de votacións entre os socios, que agora comeza, daranse a coñecer na gala que se celebrará 4 de maio no auditorio do Centro Ágora da Coruña.

Entre os candidatos, Xerais e Galaxia acaparan o groso dos candidatos, mentres que por autores as opcións están moi repartidas. En narrativa competirán Francisco X. Fernández Naval, Manuel Rivas, Begoña Caamaño, María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, e mais Xavier Alcalá. Destaca a escaseza de candidaturas en teatro, onde Ramón Lourenzo e Francisco Pillado compiten polo premio á mellor obra.

Blogs Literarios
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
- Criticalia, de Armando Requeixo
- Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio
- Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón (Xerais)
- O labirinto da saudade, de Luís G. Soto (Laiovento)
- Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil
- Eu, pel, de Teresa González Costa (Xerais)
- O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)
- O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro (Galaxia)
- Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2012
- Ana Romaní
- Blanca-Ana Roig Rechou
- Carme Vidal
- Fran P. Lorenzo
- Iago Martínez
- María Solar
- Moncho Paz
- Ramón Nicolás

Narrativa
- A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval (Xerais)
- As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais)
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
- Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón (Xerais)
- Verde oliva, de Xavier Alcalá (Galaxia)

Poesía
- Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)
- Emily on the road, de Ramón Blanco (Acha Escrava Editora)
- Fase de trema, de Lorena Souto (Espiral Maior)
- O silencio, de Mario Regueira (Xerais)
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Faktoría K de libros)
- ruído de fondo, de Daniel Salgado (Xerais)

Teatro
- Banqueiros, de VV. AA. -Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)
- Novo teatro fantástico, de Manuel Lourenzo (Laiovento)

Tradución
- Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
- Carné de identidade, de Mahmud Darwix, en tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat (Barbantesa)
- Gretchen, miña nena, de Christine Nöstlinger, en tradución Isabel Soto (Oxford University Press)
- O home unidimensional, de Herbert Marcuse, en tradución de Jesús Saavedra (Universidade de Santiago)
- O sentido dun final, de Julian Barnes, en tradución de Xesús Fraga (Rinoceronte)