Bos Aires convértese na capital da cultura galega, do 6 ao 8 de abril, co desenvolvemento do XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos AIEG 2015. Esta undécima edición, baixo o tÃtulo "Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio", ten coma obxectivo afondar nas relacións interculturais e nas dinámicas de cambio social asociadas a elas, unha constante en tódalas culturas debido ó proceso globalizador no que estamos inmersos.
Investigadores de diferentes paÃses daránse cita na Universidade Nacional San MartÃn para analizar os novos horizontes que se presentan para os estudos galegos asà como fomentar lÃneas de diálogo de carácter transversal e transdisciplinar sobre Galicia, facéndoas extensibles a outros ámbitos periféricos e de minorÃas.
Máis dun cento de relatorios sobre diferentes aspectos da nosa cultura compretan este congreso onde destacan os adicados á "Literatura e movementos migratorios: diáspora e exilio"; "A actividade editorial, un motor de desenvolvemento para a tradución en galego. Pasado e presente"; "Galicia entre dúas beiras: relatos e imaxes para pensar a identidade", "Presentación dos Proxectos de I+D do Grupo de Investigación LingüÃstica e Literaria Galega (ILLA) da UDC", "Emigración, lingua e sociedade en Galicia. Un balance histórico".
O Consello da Cultura Galega contribúe coa organización de dous ciclos de diálogos: un sobre o papel de Bos Aires como capital cultural galega e outro sobre o asociacionismo étnico e a identidade. Tamén, como actividade paralela, a vicepresidenta da Consello da Cultura Galega, Rosario Alvarez, xunto coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, inauguran a exposición "53 páxinas das nosas letras, do Parlamento de Galicia, A Xunta e a RAG".