Falarmos de paisaxe implica polo xeral unha serie de preguntas, conceptos e ideas. Desde unha perspectiva técnica, o web Somos Paisaxe define o seu obxecto de traballo deste xeito: "No Convenio Europeo da Paisaxe a súa definición descansa na percepción que teñen os habitantes del dado que é certo que unha paisaxe é un espazo que é percibido e, consecuentemente, a variedade da percepción é sempre grande e varÃa dun espectador a outro. Neste senso poderiamos dicir que a percepción é algo dinámico dado que non todos os observadores perciben o mesmo". E, no entanto, a explicación continúa. "Sen embargo a paisaxe non é so percepción é algo máis: é o resultado sempre inestable dunha dinámica na que interveñen elementos bióticos, abióticos e antrópicos. Por iso, se ben é importante o perceptivo na comprensión das paisaxes, parece conveniente ir máis aló e entrar tamén na súa dialéctica concreta froito dunha morea de elementos, factores e procesos ao longo do tempo". Deste xeito, conclúe, "A paisaxe pois non convén vela unicamente como algo estático senón dinámico, froito dun xogo dialéctico ao longo dos tempos. Por iso, os posibles escenarios perceptuais, non so mudan ao longo dos anos; incluso fano ao das estacións ou dos dÃas. Ante iso parece importante ter este feito presente á hora de planificar a paisaxe ou de integrar novos elementos nelas".
Explicar
Como se pode comprobar por esta breve explicación, non é sinxelo realizar unha abordaxe das múltiples dinámicas e elementos que constitúen a paisaxe. Precisamente é esta dificultade a que está detrás do nacemento do proxecto Somos Paisaxe. Segundo explica Marcos Pérez, coordinador da iniciativa, "nace pola necesidade de afrontar unha temática tan complexa como é a paisaxe desde unha perspectiva xeneralista. AÃnda que sexa algo complicado, falamos dunha cuestión que nos afecta a todos e ademais ao que tamén afectamos todos". Como principal método de divulgación, o proxecto está a apostar polo traballo vÃa web e polo formato audiovisual. "A mensaxe segue a ser que temos que salvagardar e pór en valor as paisaxe, pero temos que nos preocupar de cómo chega iso á cidadanÃa".
Nesta liña, varios vÃdeos explicativos tentan ilustrar de xeito ameno esta problemática, e achegarnos o marco normativo e nas estratexias sociais que se están a desenvolver sobre o tema.Conversas con especialistas en diferentes ámbitos como o deseño, a arquitectura ou a ordenación do territorio complementan estas visións máis xerais e permiten se achegar a diferentes perspectivas sobre o ámbito paisaxÃstico.
Para participar
Na perspectiva desde a que traballa o proxecto, a paisaxe considerase como un "valor estratéxico como elemento de competitividade para Galicia". Nese sentido, búscase a "información e a capacitación" da poboación para que esta "estea máis preparada para participar nos procesos administrativos de participación, cando asà se requira, pero especialmente para a toma proactiva de decisións". É dicir, para facilitar a comprensión e a participación consciente nos procesos que inflúan neste ámbito, xa sexan procesos urbanÃsticos, xestión de ámbitos naturais, a realización de grandes infraestruturas ou a propia actividade cotiá de cada persoa.
Para transformar
Para alén de amosar diferentes perspectivas sobre a paisaxe, esta iniciativa procura tamén transformar as nosas ideas sobre o tema. "Non se trata de ficar na perspectiva máis estética e bucólica, temos que ser conscientes que cando abrimos unha billa a auga vén dun encoro que provocou importantes mudanzas no seu contorno. Hai que asumir que os nosos hábitos cotiáns mudaron e mudan a paisaxe e que nós somos os seus custodios á par que responsables do que lle acontece", lembra Pérez. Nese sentido, Somos Paisaxe busca "o que hai detrás da fotografÃa. O que percibimos é resultado de moitos procesos, entre eles, sempre, da acción humana".
O impacto que busca esta iniciativa de divulgación tenta chegar aos ámbitos máis concretos. "Por exemplo, sobre a cuestión do feÃsmo, penso que no momento en que sexamos capaces de superar o concepto puramente estético e o contemplemos como un proceso teremos feito moito . É dicir, a xente que deixa unha casa sen recebar, ten que se dar conta de que non é só unha cuestión de aspecto, senón que unha casa acaba é máis eficiente para nos protexer das inclemencias. Entón, se somos quen de pensar non unicamente na perspectiva estética senón no que realmente procuramos coas nosas accións, a mensaxe cala moito máis", asegura Pérez.
A paisaxe cotiá
Unha das grandes peculiaridades do proxecto é a busca de persoas que non están especializadas na análise da paisaxe e que nin sequera posúen familiaridade con este ámbito, coa serie Compartindo visións. Nesta liña, aposta por vÃdeos nos que diferentes persoas falan e explican as súas ideas, argumentos e percepción sobre o tema. "É unha temática transversal, non toda a xente que entrevistamos son expertos. A intención é que todo o mundo se sinta partÃcipe da paisaxe". AÃnda que pode semellar algo complicado, Pérez advirte que "en canto se afonda un pouco, todo o mundo toma consciencia do que estamos a falar. Nun primeiro momento a aproximación vai pola perspectiva estética pero axiña se ve que hai moito máis". Segundo asegura "todo o mundo ao comezo di que non saben do tema, pero se mantemos conversas longas chegan a unha situación de comodidade na que todo o mundo pode tirar a súa propia explicación sobre a paisaxe sen apenas se dar conta de que o están a facer". Asà pois, para alén de divulgar entre os espectadores das entrevistas, o proxecto fai tamén que os propios protagonistas tomen consciencia da problemática.
Deste xeito, entre estes vÃdeos, Pérez salienta algún como o de "LucÃa Santiago, que é divulgadora musical, fai unha invitación a se achegar á paisaxe sen a vista. AÃnda que a priori non é algo especialmente revelador, incidir na idea de que percibir non é mirar é moi interesante. O propio peso que ten a vista na nosa percepción pode influÃr en que tendamos a ver a nos centrar no estético ao falarmos da paisaxe".
Visións pequenas
Dentro da aposta por perspectivas non especializadas, o proxecto atende tamén ás visións dos máis novos. "Os vÃdeos cos rapaces máis pequenos sempre achegan sorpresas", explica o coordinador do proxecto. Asà temos exemplos como os que sinalan que "as paisaxes non teñen prezo, é algo tan especial que non se lle pode pór prezo. Ademais é algo público, de todos, se o puxesen en moedas custarÃa tanto que ninguén no mundo o poderÃa pagar".
Divulgación
A aposta pola divulgación e a formación preséntase como un complemento imprescindible das medidas coercitivas para mellorar a situación da paisaxe no noso paÃs. "Se hoxe me obrigan a pintar a miña casa, eu podo ter unha reacción negativa. Se me axudan a mellorar o illamento, obtemos o mesmo resultado, que é unha casa acabada, pero actúase cun incentivo" explica Pérez. Nesa liña, o proxecto da Fundación Galicia Sustentable desenvólvese en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da ConsellarÃa de Medio Ambiente, responsable da Estratexia da Paisaxe de Galicia.
O proxecto prevé continuar polo momento a sumar vÃdeos ao web. "Estamos a agardar a que o tempo mellore un pouco para nos botar e novo á rúa". Canda a isto, novas accións divulgativas chegarán nos vindeiros meses. "Esta é unha primeira achega á problemática, agora queremos afondar máis mediante obradoiros e tamén propor accións de mobilización que amosen xeitos nos que podemos traballar a prol da nosa paisaxe". A partir da experiencia desta iniciativa, "a verdade é que semella que, tanto neste como noutros temas, fáltanos sobre todo tempo para reflexionar. Se ficamos no puramente estético, podemos considerar a paisaxe como algo secundario, pero se nos decatamos de todos os procesos implicados, veremos a importancia que ten".