Revisar e contextualizar os presupostos ideolóxicos das Irmandades da Fala a coincidir co seu centenario. Este é o obxectivo do programa de actividades que aprobaba onte o Plenario do Consello da Cultura Galega que se desenvolverá entre 2016 e 2018 e que comprende tres seminarios e unha exposición dedicados a este movemento. Xosé Manuel Núñez Seixas será o responsable de coordinar, o vindeiro ano, o primeiros destes encontros, que se centrará na relación do movemento co estudo das nacionalidades da época de entreguerras. O segundo evento, en 2017, dedicarase á cultura e a polÃtica da España do primeiro terzo do século XX e o terceiro encontro abordará a relación das Irmandades coa emigración.
O programa rematará en 2018 cunha exposición que conmemorará outra efeméride, os setenta anos do discurso Alba de Gloria de Castelao. A mostra amosará as sesenta e catro personalidades que o rianxeiro cita nesa alocución como grandes figuras da historia de Galicia.