O seu "amplo labor no mundo escénico" e o "traballo realizado no audiovisual galego desde o seu mesmo inicio" valéronlle á actriz Fely Manzano o recoñecemento da Academia Galega do Audiovisual. Manzano recibirá o vindeiro 12 de abril o premio de Honra dos Mestre Mateo no transcurso da gala dos premios do noso audiovisual. A intérprete é coñecida polo grande público pola súa presenza en series como Pratos Combinados, FÃos ou A vida por diante ou filmes como Urxa, A lingua das bolboretas, Lena ou La rosa de AlejandrÃa. Ademais, ten participado en múltiplas curtametraxes e posúe unha ampla experiencia no ámbito teatral.