O plenario da Real Academia Galega acordou, na súa xuntanza ordinaria do pasado 13 de marzo, nomear a Basilio Losada como Académico de Honra. A RAG quere recoñecer asà o "incansable labor na defensa e difusión da nosa cultura" do primeiro catedrático de FiloloxÃa Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona. Entre outros méritos, academia sinala que "a súa obra ten dúas dimensións básicas: a literaria, como estudoso, antoloxista, tradutor e difusor da literatura galega e da literatura portuguesa e brasileira; e a de profesor, activista, animador cultural, tanto dentro como fóra das aulas, con especial atención á comunidade galega".