Logo da explosión de libros-CD dos últimos anos, a nosa industria editorial dá un paso alén. Galaxia acaba de presentar a súa colección Libro cinema, que arrinca con A cicatriz branca de Margarita Ledo Andión. O filme achega o DVD con subtÃtulos e extras acompañado de textos que contextualizan e explica diferentes aspectos desta produción. O filme trata, a través dunha historia persoal, a problemática da emigración das mulleres galegas en solitario a América durante o século XX.