Sés comeza a Tronzar os valos

A cantante adianta varios temas do seu novo traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Sés comeza a Tronzar os valos

O vindeiro 24 de marzo sae á venda da man de Fol Música o novo disco de María Xosé Silvar Sés. Tronzar os valos propón doce novos temas nos que se atopan blues, rock e ritmos latinoamericanos coa voz inconfundible e comprometida da cantante. De xeito previo ao lanzamento, están a se facer públicos os tres primeiros singles. Así, a Tronzar os valos e Opio barato, xa dispoñibles nas redes, seguirá o vindeiro 17 de marzo 2000 anos máis. A xira de presentación comezará o vindeiro día 27 no teatro Afundación de Vigo, e continuará o 28 no Pazo da Cultura de Narón.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Crô! achegan Pera

Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sés, Rock, Teatro, Blues...