L'ascension d'Aurora West, o volume que David RubÃn ilustrou con guión de Paul Pope, está para sair á venda en Francia. A editorial Dargaud, na súa colección Indies, publicará o vindeiro mes de xuño o volume, que xa se pode ler en Estados Unidos e en España. Ao tempo, a italiana Tunué anuncia para este mesmo mes a súa edición do Beowulf que o autor ourensán realizou sobre un guión de Santiago GarcÃa. En paralelo, Emma RÃos anunciou que Glénat publicará en Francia, tamén para xuño Pretty Deadly. Un primeiro volume da serie que a arousá realizou sobre un guión de Kelly Sue DeKonnick sairá á venda o 9 de xuño con 144 páxinas.